INTRODUCCIÓN á ASTRONOMÍA de POSICIÓN
Seminario Permanente do IES de Porto do Son, IES Campo de S.Alberto e IES Ramón Cabanillas 
Coordenadas Celestes

Coordenadas Celestes

    Tendo en conta a necesidade de situar dunha maneira precisa as diferentes estrelas e demáis obxectos de ceo profundo para proceder ó seu estudio do xeito máis sistematizado posible xurde a necesidade de establecer unha serie de Coordenadas Celestes de carácter universal.

Entre as máis usadas podemos destacar as seguintes :

    O propio movemento terrestre arredor do Sol é o responsable da sucesión do ciclo Día-Noite e do transcurso das Estacións ó longo do Ano. Precisamente, dende antiguo usáronse estes feitos e outros relacionados co movemento dos astros para establece-los principais calendarios. Está claro que unha medida inmediata do tempo fai referencia ó mencionado ciclo Día-Noite, que, por conveniencia, representa un período de 24 horas. O establecemento dos Meses relacionouse, nun primeiro momento, coa repetición das distintas fases luares, ainda que, na actualidade, non se corresponden exactamente con estas repeticións, atendendo ás necesidades xurdidas ó confeccionar o noso calendario. A Semana está en relación coas Fases da Lúa. Finalmente o Ano representa o tempo que tarda a Terra en dar unha volta completa arredor do Sol.
 

 
 


 A ESFERA CELESTE ÍNDICE O GNOMON